Autor

Ola, o menu nome é David Revoy e son un artista francés nacido en 1981. Son autodidacta e apaixonado do debuxo, pintura, gatos, computadoras, cultura libre, Internet, video xogos RPG clásicos, manga e anime clásico, arte tradicional, cultura xaponesa, fantasía…

Despois de máis de 10 anos de deseño dixital como freelance, dedicado ao ensino, arte conceptual, ilustrando e como director de arte decidín iniciar o meu propio proxecto. Finalmente atopei un xeito para misturar todas as miñas paixóns, o resultado é Pepper&Carrot.

Levo traballando neste proxecto dende maio de 2014, e durante este tempo recibín a axuda e apoio de moitos colaboradores. Pódese atopar os créditos completos no menú Licenza.

O meu blogue: www.davidrevoy.com
O meu enderezo de correo electrónico: info@davidrevoy.com


A filosofía de Pepper e Carrot

Axudado por patrocinio

O proxecto Pepper&Carrot está financiado só por patrocinadores, desde todo o mundo. Cada patrocinador envía unha pequena cantidade de cartos por cada novo episodio e obtén aparecer nos créditos ao final de cada novo episodio. Grazas a este sistema, Pepper&Carrot pode manterse autónomo e non depender da publicidade ou contaminarse coa propaganda.

Pepper e Carrot recibindo cartos da audiencia.

100% libre, por sempre, sen valos de pagamento

Todo o contido que produzo sobre Pepper&Carrot está en este sitio web, libre e dispoñible para todas as persoas. Respéctovos a todas por igual: con ou sen cartos. Os contidos extra que fago para os patrocinadores tamén se mostran aquí. Pepper&Carrot nunca lle pedirá cartos ou que se suscriba para ter acceso ao novo contido.

Carrot, pechado tras muros de pago.

Código aberto e licenzas

Quero darlle a xente o dereito de compartir, utilizar, construír e incluso facer cartos a partir do traballo creado por min. Todas as páxinas, traballos artísticos e contido creáronse con programas libres e abertos en GNU/Linux, e todas as fontes están en este sitio web (preme en Orixinais e Licenza). Anímote a facer un uso comercial, traducións, debuxos, impresións, películas, videoxogos e compartir. Só precisas dar o crédito axeitado aos autores e autoras (artistas, correctores e tradutores implicados no traballo que queres utilizar), proporcionar unha ligazón a licenza e indicar os cambios realizados se procede. Podes facelo de varios xeitos apropiados, pero non dun xeito que implique que os autores tiveron algo que ver co que fixeches. Podes atopar máis información en: Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Exemplos de posibles versións derivadas.

Entretemento de Calidade para todas, en calquer lugar

Pepper&Carrot é un webcomic de humor/comedia axeitado para todas as persoas, de calquer idade. Sen contidos adultos ou violentos. Libre e de fontes abertas, Pepper&Carrot é orguioso exemplo do fantástica que pode ser a cultura libre. Céntrome moito na calidade, xa que ser libre e aberto non significa afeccionado. Moi ao contrario.

Páxinas con viñetas xirando arredor do mundo.

Cambiemos a industria da banda deseñada!

Sen intermediarios entre artista e audiencia, ti pagas menos e eu benefíciome máis. Axúdasme directamente. Ningunha editora, distribuidora, equipo de publicidade ou moda de turno pode forzarme a cambiar Pepper&Carrot para axustarme a súa visión do ' mercado'. Por que non podería unha soa historia de éxito mudar toda unha industria en crise? Xa veremos…

Diagrama: na esquerda, Carrot perde cartos entre tantos intermediarios. Na dereita, o resultado é máis equitativo. Fáite patrocinador