Ideario

Axudado por patrocinadores

O proxecto Pepper&Carrot está financiado só por patrocinadores, desde todo o mundo. Cada patrocinador envía unha pequena cantidade de cartos por cada novo episodio e obtén aparecer nos créditos ao final de cada novo episodio. Grazas a este sistema, Pepper&Carrot pode manterse autónomo e non depender da publicidade ou contaminarse coa propaganda.

illustration representing patronage

100% libre, por sempre, sen valos de pagamento

Todo o contido que produzo sobre Pepper&Carrot está en este sitio web, libre e dispoñible para todas as persoas. Respéctovos a todas por igual: con ou sen cartos. Os contidos extra que fago para os patrocinadores tamén se mostran aquí. Pepper&Carrot nunca lle pedirá cartos ou que se suscriba para ter acceso ao novo contido.

Illustration representing paywall

Código aberto e licenzas

Quero darlle a xente o dereito de compartir, utilizar, construír e incluso facer cartos a partir do traballo creado por min. Todas as páxinas, traballos artísticos e contido son creados con Software Libre e de fontes abertas en Linux, e todas as fontes están en este sitio web, menú 'Fontes'. Anímote a facer un uso comercial, traducións, fan-art, impresións, películas, video xogos, compartir e republicar. Só precisas dar o crédito axeitado a/os autores (artistas, correctores, tradutores implicados no traballo que queres utilizar), proporcionar unha ligazón a licenza, e indicar os cambios realizados se procede. Podes facelo de varios xeitos apropiados, pero non dun xeito que implique que os autores propoñen o que ti fixeches.

Illustration representing open-source media

Entretemento de Calidade para todas, en calquer lugar

Pepper&Carrot é un webcomic de humor/comedia axeitado para todas as persoas, de calquer idade. Sen contidos adultos ou violentos. Libre e de fontes abertas, Pepper&Carrot é orguioso exemplo do fantástica que pode ser a cultura libre. Céntrome moito na calidade, xa que ser libre e aberto non significa afeccionado. Moi ao contrario.

Illustration representing comic pages flying around the world

Cambiemos a industria da banda deseñada!

Sen intermediarios entre artista e audiencia, ti pagas menos e eu benefíciome máis. Axúdasme directamente. Ningunha editora, distribuidora, equipo de publicidade ou moda de turno pode forzarme a cambiar Pepper&Carrot para axustarme a súa visión do ' mercado'. Por que non podería unha soa historia de éxito mudar toda unha industria en crise? Xa veremos…

Illustration: comic book industry vs. Patreon support